A presidenta do PP de Nigrán, María José Pino, parte da candidatura de Pontevedra ao Congreso

A presidenta do Partido Popular de Nigrán, María José Pino, forma parte da candidatura que os populares presentarán para o Congreso nas próximas Eleccións Xerais do 28 de abril. A presidenta dos populares participou o pasado venres no acto de presentación da lista, no que participaron personalidades destacadas como o presidente do partido a nivel provincial, Alfonso Rueda.

Para a presidenta dos populares en Nigrán é un auténtico orgullo e unha honra integrar esta lista, e unha mostra máis do seu compromiso para seguir traballando por Nigrán e para os seus veciños. Así mesmo, agradece a confianza depositada por parte do partido para exporlle formar parte desta lista.

Pino acepta a proposta do partido con profunda responsabilidade, especialmente pola importancia das próximas Eleccións Xerais, “nas que non só elixirase ao próximo presidente do país, senón que ademais está en risco a unidade de España, a liberdade de expresión en todos os territorios por igual, a loita pola Igualdade real entre homes e mulleres e o futuro económico e o crecemento do noso país, e por tanto de todos os que vivimos nel”.

Estes son os principais motivos que levaron á presidenta do PP de Nigrán a aceptar a proposta, ás que engade a necesidade de comprometerse e de que cada un achegue o seu gran de area nesta causa. “É unha mostra de apoio aos compañeiros de Candidatura que obterán a acta no Congreso, e tanto eu como todo o meu equipo loitaremos sempre por defender os intereses do noso municipio e dos seus veciños”, engade.