O Pazo de Cea de Nigrán acolle a cita máis exclusiva para os noivos galegos

O Showroom Boga Novias Magazine é xa unha cita imprescindible para noivos e profesionais. O vindeiro sábado 6 e domingo 7 de abril, o Pazo de Cea acollerá a terceira edición desta cita nupcial onde se dan cita os mellores fotógrafos, videógrafos, wedding planners, ateliers, espazos, floristas, DJ, grupos de música, axencias de viaxes, invitacións, maquilladores, detalles, fotomatóns, animación infantil, repostería creativa, decoración e complementos. Eles son os embaixadores perfectos para descubrir as tendencias nas vodas 2019-2020.

Con máis firmas que nunca, e un total de 40 expositores, esta feira de noivos exclusiva abrirá durante toda a fin de semana ininterrompidamente en horario de 12:00 a 19:00 horas neste emblemático Pazo de Cea, en Nigrán, con entrada libre.

O sábado día 6, a partir das 13:00 horas terá lugar a presentación do sétimo número da revista BOGA Novias, a revista de noivas máis vendida en Galicia, cun espectacular concerto e sesión vermú a cargo de Lle Bar Luthier, un piano bar itinerante que nos transportará directamente aos tolos anos 20. Durante toda a xornada, haberá intervencións de profesionais e influencers do sector como Patricia Besada, do blogue It’s my Valentine. A música en directo de Carla Romalde, pechará a xornada.

O domingo, o toque musical do aperitivo poñerao o grupo Sun and Sundays. Ás 17:00 horas Alba Cagiao, Wedding Planner en Lluvia de Arroz diranos todo o que querías saber e ninguén che contou: pequenos trucos para unha voda excepcional e ás 17:30 horas as protagonistas serán as Noivas BOGA: desde as páxinas da revista, noivas reais resolverán todas as dúbidas a futuras bride to be, e daranlles todas as claves para ter unha auténtica voda heartmade. Como colofón final, durante a xornada sortearanse un vestido de noiva feito a medida por Patricia Meléndez Atelier valorado en 1.500€, un tocado de noiva de Nácar, tocados e dúas noites para dúas persoas no Hotel de luxo Six Senses Douro Valley, da man de Quenlla Viaxes para os alí presentes. Ademais durante a fin de semana haberá actividades infantís a cargo de Miudanza Ocio Infantil.

Unha cita imprescindible onde futuros noivos poderán empezar a gozar da experiencia da súa voda acompañados dos mellores profesionais e onde descubrir as últimas tendencias do sector para construír o seu gran día como sempre soñaran.

2019-04-01 - Agenda_DEF-05