
O Partido Popular de Nigrán organiza este domingo 31 de marzo unha Andaina Popular pola parroquia de San Pedro. A convocatoria é ás 10:00 da mañá na Igrexa de San Campio, na Ramallosa, desde onde se percorrerá parte da ruta do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo municipio, máis concretamente das parroquias de San Pedro da Ramallosa e de Parada.
A ruta prevista, cunha duración estimada de dúas horas, pasará por localizacións emblemáticas destas parroquias, poñendo así en valor a riqueza natural e patrimonial de Nigrán á vez que se promoven hábitos de vida saudable, como é o camiñar.