Na parroquia turístico-pesqueira de Panxón, no municipio de Nigrán, tocou onte á noite a sorte do cupón diario da ONCE, con 7 cupóns premiados con 35.000 euros cada un, repartíndose en total 245.000 euros.
O vendedor Marco Antonio Lago Andión foi quen repartiu a sorte entre os seus clientes no seu roteiro de venda como ambulante no devandito municipio. Hoxe está “feliz” e conta que está case seguro de que dous cupóns compráronllos senllas clientas e de que “os outros cinco levounos un señor que veu cobrar a devolución duns cupóns do venres e, no canto do diñeiro, preferiu levar unha tira de cinco cupóns do día. Menuda sorte!”.
Marco Antonio ten unha discapacidade física e vende os produtos de xogo da ONCE desde fai tres anos. Substitúe en vacacións e baixas a outros vendedores e hoxe considérase un vendedor con sorte, xa que repartiu premios en varios destinos: en Moaña, en Ponteareas e agora en Panxón.
O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, o cliente pode por 0,5 euros máis, xogar tamén á serie e gañar “A Paga” de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; premio de 200, 20, e 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado, e reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra. Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes vendedores da ONCE. Como sempre, grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de Xogos ONCE e establecementos colaboradores autorizados.

