Sin categoría

Gondomar acollerá o 14 de abril a Feira de Oportunidades “Portobelo”

O próximo 14 de abril, no centro de Gondomar, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- en colaboración co Concello de Gondomar, celebra a 8ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial, polo que se poderán atopar todo tipo de artigos como moda para home, muller e neno, complementos, cosmética, repostería, calzado, seguros, etc…

A feira contará con música ambiental, animación infantil, obradoiros e diferentes actuacións ao longo de toda a xornada.

Desde Ovalmi animan a visitar Gondomar o 14 de abril, para gozar de bo ambiente, oportunidades de compra…. un día diferente.