Anuncios
Ticker de novas

O AD Vincios, campión galego de tenis de mesa Sub-23 en individual, dobres e equipos

FOTO: AD VINCIOS // Santiago Prieto, Simón Casal e Martín Pintos.

Gran éxito da Agrupación Deportiva Vincios no XXVII Campionato Galego de Tenis de Mesa Sub-23 celebrado no Pavillón Campo da Serra de Narón. O club gondomareño foi primeiro en individual, en dobres e en equipos. Martín Pintos proclamouse campión galego en individual. Martín Pintos e Anxo Iglesias foron campións galegos en dobres. E Santiago Prieto, Simón Casal e Martín Pintos se fixeron co campionato galego tamén na modalidade por equipos.

Anuncios
error: Contido protexido