
A Policía Local do Concello de Baiona reforzouse este verán con nove auxiliares. O alcalde, Ángel Rodal, e o Inspector-Xefe, Pedro Alonso, entregaron este venres as acreditacións aos novos axentes que patrullarán a Vila durante os catro vindeiros meses.
Este verán o persoal da Policía Local de Baiona reforzouse con nove auxiliares, dous axentes máis dos que se adoitaba contratar, para poñer en marcha este servizo. O equipo policial tamén incorporará de xeito inmediato a dous novos axentes que actualmente están completando o seu período de formación na academia.
Actualmente o persoal da Policía Local estaba composto por un Inspector-Xefe, un Oficial e trece axentes, ademais dos auxiliares de policía que prestan servizos durante a tempada estival. As prazas foron cubertas polo sistema de acceso en quenda libre e mediante o sistema de oposición.