Anuncios
Ticker de novas

Curso de Introdución a Arduino en Porto do Molle

Taller 7 MakerSpace (Rúa dos Padróns nº1, nave 2, Polígono Industrial Porto do Molle), programa un Curso de Introdución a Arduino os días 22, 23 e 29, 30 de marzo. Trátase dunha actividade aberta a todo o mundo, coma sempre, pero desta volta un pouco máis especializada. Os participantes sairán con coñecementos prefesionais sobre o tema. O horario da actividade será os venres de 17:00 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

O prezo é de 160€ e inclúe un kit de Arduino con: mini protoboard, leds, resistencias, potenciómetro, cables e pulsadores.

O curso está dirixido a todo aquel que queira iniciarse na aprendizaxe das novas tecnoloxías e a manexalas coma un profesional. Pode ter ou non coñecementos previos, só se precisan ganas de aprender. Aprenderán os principios de Arduino, a electrónica e a programación, con explicacións sinxelas e exercicios prácticos.

Arduino é unha placa controladora open source programable cun potencial didáctico enorme. É versátil, de baixo custo e fácil de usar, converténdoa na ideal para iniciarse na automatización ou realizar calquera proxecto de electrónica ou robótica. Con este curso intensivo teórico-práctico de 16 horas, dotarase a todos os asistentes dos coñecementos necesarios para descubrir o potencial de Arduino e poder poñelos en práctica.

Estará impartido polo enxeñeiro Rubén Beiroa Mosquera, que conta cunha ampla experiencia como formador e consultor tecnolóxico. Máis información e inscricións na web de Taller 7 MakerSpace.

Anuncios
error: Contido protexido