Anuncios
Ticker de novas

Máis de 500 escolares celebran o Día dos Bosques reforestando Chandebrito

Máis de 500 alumnos e alumnas do CEIP Balaídos e do Colexio Estudio celebraron este xoves o Día Internacional dos Bosques reforestando a zona de Chan de Rapadouro, na parroquia nigranesa de Chandebrito. Entre hoxe e mañá plantaranse un total de 1.700 árbores de 17 especies autóctonas, como carballos, nogueiras, abeleiras, cerdeiras, maceiras ou freixos.

Ao longo do mes de marzo tamén colaboraron na reforestación de Chandebrito os colexios Niño Jesús de Praga e Marcote de Vigo, plantando máis de 300 carballos, castiñeiros, nogueiras e cerdeiras, e o CEIP Virxe do Portal de Sobrado dos Monxes, recuperando o Bosque da Memoria con oito exemplares de castiñeiros e outros tantos carballos, sobreiras, abeleiras, cerdeiras e acivros.

Proximamente serán a Asociación Xuvenil Abertal e o Colexio Salesianos quen plante 500 castiñeiros. Das 232 hectáreas de monte coas que conta a parroquia de Chandebrito, a Comunidade de Montes leva reforestado un total de 40.

Anuncios
error: Contido protexido