O Club de Loita Sabarís consegue catro medallas nos Campionatos de España Escolar e Cadete

O Club de Loita Sabarís conseguiu un total de catro medallas nos Campionatos de España Escolar e Cadete celebrados este sábado no Pavillón Municipal 18 de Febrero de Torredelcampo (Xaén), nos que participaron máis de 350 deportistas de toda a xeografía española.

Na categoría Escolar Loita Grecorromana participaron Anxo Lomba en 38 kg, que obtivo a medalla de bronce, e Lois Cabrera en 62 kg, que ocupou o 5º posto. En Loita Libre Olímpica competiron Breixo Martínez en 57 kg (8º) e Beltrán Freiro en 62 kg (11º) e Jesús A. Fojaco en 85 kg, que conseguiu a medalla de prata.

Na categoría Cadete Loita Libre Olímpica, David González e Cristian Suárez fixéronse coa medalla de prata, en 55 kg e 71 kg respectivamente.

Anuncios