A baionesa Mireya Represa nomeada na Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca

Mireya Represa foi unha das nomeadas na XX Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca. A xadrecista baionesa do Laroca foi nomeada na modalidade de xadrez na categoría absoluta, grazas aos méritos conseguidos no ano 2018, campioa de España na categoría sub 18, e novena no campionato europeo celebrado en Riga.

Sexta xornada de liga galega de xadrez

Despois do paro da liga provocado pola celebración dos campionatos galegos sub 18 e sub 14 celebrouse na sede de Mallón a sexta xornada da liga galega con resultados dispares para club miñorano.

Na primeira división o Laroca A saíu derrotado no seu enfrontamento co líder do grupo, os ourensáns de Liceo Grupo Postal por 1-3. O único punto foi conseguido no terceiro taboleiro por Tino. Con este resultado os miñoráns pasan a ocupar a terceira posición na táboa clasificatoria. Este sábado desprazaranse a Marín para enfrontarse ao Ence Xadrez Marín, que ocupa a cuarta posición empatados cos laroqueiros.

Na segunda división resultados dispares. O equipo do Laroca B sufriu unha dura derrota por 0-4 ante os vilagarciáns de CXF Zona Aberta. Con este resultado os miñoráns pasan a ocupar a sexta posición, este sábado desprazaranse ao Baixo Miño para enfrontarse ao segundo clasificado, o Albatros A.

O Laroca B gañou por 3,5-0,5 ao equipo do Albatros B, puntos conseguidos grazas ás táboas de Tomás e as vitorias de Carlos, Jorge e Antonio. Con este resultado os laroqueiros abandonan os postos de descenso e sitúanse no oitavo posto da clasificación. Este sábado desprázanse a Vilagarcía para enfrontarse ao CXF Deportes Rodas.

Na terceira división vitoria por 4-0 do equipo Laroca Mallón-IES Auga da Laxe ante o equipo EXP CVCV Valladares, puntos conseguidos por Ricardo, Mauro, Agustín y Jose Manuel. Con este resultado afiánzanse na segunda posición da táboa clasificatoria. Este sábado os laroqueiros desprázanse a Mos para enfrontarse ao Club Xadrez Mos H.

Anuncios