Alumnos do CPI Arquitecto Palacios de Panxón participaron nos Encontros de Teatro de Vigo

O Grupo de Teatro de Secundaria do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón participou nos Encontros de Teatro de Vigo na ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) organizados por Caixaescena con outros 5 centros de Educación Secundaria: Colegio La Merced de Sarria, IES Porto do Son, Colegio Salesianos de A Coruña, IES Las Salinas de Avilés e IES Barrio Loranca de Fuenlabrada. Durante estes Encontros o grupo Egos Teatre de Catalunya e o equipo organizador de Caixaescena con Xabier Erra (escenógrafo) á fronte axudan a que os diferentes centros leven adiante unha proposta escénica de 15 minutos cun tema de fondo común: Federico García Lorca. O CPI levou a escena tres pezas de Teatro Breve de Lorca, «El paseo de Buster Keaton»; «La doncella, el marinero y el estudiante» e «Quimera».

 

Anuncios