XSG: “Queremos escoitar á mocidade para integralos no noso proxecto”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) anunciaron hoxe que comezan o traballo para as vindeiras campañas electorais, no que escoitarán á mocidade para recabar as propostas que teñan e levalas aos seus programas electorais.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, compareceu acompañado do coordinador provincial de Pontevedra, Alejandro Figueroa que informou de que “estamos en marcha para as vindeiras campañas electorais. Queremos trasladarvos que estamos saíndo á rúa para recadar información das necesidades reais da mocidade.

O líder socialista provincial “queremos políticas pensadas e destinadas para a mocidade dos nosos Concellos. Temos claro que o noso obxectivo é mellorar o día a día da mocidade nas institucións: o transporte, a educación, a vivenda… son a carta de presentación que vaite ter o Partido Socialista no Concellos da provincia. Non se pode facer política para os máis mozos e mozas ás súas costas”.

O coordinador provincial manifestou que “as XSG ten moito que dicir sobre as políticas nos Concellos, xa que son as Administración máis próximas a eles. Para nós o traballo dos alcaldes como Abel Caballero en Vigo como Alberto Varela en Vilagarcía son exemplos do que queremos para os mozos/as da provincia de Pontevedra”.

Figueroa explicou que “estamos a preparar un programa electoral da man da mocidade pontevedresa, saíndo á rúa para recabar información das necesidades reais da man da mocidade e dos colectivos sociais. Neste traballo vendo como o Partido Socialista volve a conectar coa mocidade até o punto de que hoxe podemos estar orgullosos e orgullosas de que nunhas horas faremos a reconstitución da Agrupación Municipal de Pontevedra.

Pola súa banda, o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, explicou que “saímos á rúa para escoitar ao mozos e mozas e integralos no noso proxecto. Queremos ser o altofaltante da mocidade e canalizar as súas inquedanzas e problemas en propostas que se convertan en verdadeiros dereitos cando Pedro Sánchez volva a ser presidente do Goberno”.

O líder socialista argumentou que “coa chegada da moción de censura e o cambio en España da man de Pedro Sánchez a mocidade volveu a ilusionarse e a crer na política. Puxéronse novamente no punto fundamental da política os problemas dos mozos e mozas. Ante isto estamos vendo como a mocidade está achegándose ao PSOE porque viron en Pedro Sánchez a esperanza que precisaban para volver vivir en dignidade”.

O secretario xeral lamentou que “por desgraza a non aprobación dos orzamentos xerais do Estado supuxo un prexuízo para os mozos e mozas pola política neles se incluían. As bolsas de estudos que permitían que os fillos dos obreiros poidan volver á Universidade. Así como todas aquelas propostas que ían permitir á mocidade ter unha vida independente e en dignidade: plans laborais, permisos de conciliación laboral, acceso á vivenda, mellor da dependencia, subida do I+D+i, a universalización da escola pública de 0 a 3 anos”.

O mozo socialista asegurou que “a España na que queremos vivir os mozos e mozas vese plasmada nas nosas Deputacións, Concellos e CCAA. Pola contra, a España que queremos evitar é a España na que o presidente da Xunta anuncia a bombo e platillo un Plan especial para a mocidade, o que dota posteriormente este plan con 0€”.

Bouza Manso afirmou que “esa é a nosa España, a nosa Galicia e a nosa Pontevedra, na que cabemos todos e todas, na que non se nos discrimina por razón da nosa orientación sexual, do noso xénero ou da nosa ideoloxía”.

O secretario xeral das XSG manifestou que “queremos vivir nunha España inclusiva, diversa, tolerante que non denigre ás mulleres, ao colectivo LGTBI nin ao inmigrantes. Temos claro que a mocidade galega non é machista, homófoba nin xenófoba por iso non vai a apostar pola ultradereita nin tampouco por aqueles partido que branqueen a discriminación como é o caso do Partido Popular e Cidadáns”.

Bouza asegurou que “hoxe estamos a tempo de evitar que as política regresivas que pretenden impor a ultradereita se impoñan no noso país. A dereita cavernaria seguirá insultando e mentindo, pero estamos convencidos e convencidas de que a mocidade será a que desterre a crispación e o escurantismo da política, apostando pola alegría e progreso que representa Pedro Sánchez”.

O secretario xeral concluíu afirmando que “queremos facer un chamamento á mocidade galega e pontevedresa para que o vindeiro 28A non se quede na casa e demostremos todos e todas xuntas que non queremos un país medieval que desprece ao seus membros”.