Xeira de plantación de maceiras en Camos

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

A Comunidade de Montes en Man Común de Camos organiza o vindeiro sábado, día 23 de febreiro, unha xeira de plantación de maceiras coa colaboración da asociación Eixotolo e Froitas Vilar.

O evento consiste en saír da Casa da Cultura de Camos, onde está o punto de encontro, arredor das 16:00 horas. Dende alí, desprazarse ata a parcela da plantación, que está a menos dun quilómetro.

Unha vez plantadas as mais de 400 árbores, a maioría maceiras, aínda que tamén algunhas pereiras, volverán ao punto de saída ou encontro, onde está previsto colocar un mural que foi doado no seu día dende a Escola de Cerámica de Nigrán.

O fin do acto consistirá na actuación do grupo de pandeiretas «Xareliños», da asociación Eixotolo, e a degustación gratuíta para todos os participantes, do típico chouripán acompañado de viño ou auga, segundo se queira.

Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para a plantación e se é posible, ferramenta manual propia para encher os buratos. Máis información e inscricións no correo cmvmcdecamos@gmail.com ou no teléfono 635 045 185.