A Fundación ECCA celebra o seu 54 aniversario plantando árbores en Gondomar

A Fundación ECCA celebrou este venres o seu 54 aniversario en Gondomar colaborando xunto coa Asociación de la Tercera Juventud plantando as primeiras árbores (acebiños autóctonos) da remodelación e humanización da Praza Paradela.

Ao acto asistiu o alcalde, Paco Ferreira, as concelleiras Nuria Lameiro e Iria Lamas, a Delegada de Galicia e a Directora de Proxectos da Fundación ECCA (Paula San Juan Abalde e Patricia Pousa respectivamente), así como o Presidente da Asociación e unha trintena de socios e socias, que pa en man foron os encargados de plantar as árbores a pesar da avanzada idade dalgún deles.

Radio ECCA implantouse en Galicia no ano 1974. Vigo foi unha das primeiras cidades da Península en adoptar este sistema de ensino.