Sin categoría

Desestimada unha demanda contra a aprobación definitiva do orzamento 2017 de Baiona

A xustiza dá a razón ao Concello de Baiona ao desestimar integramente a demanda polo recurso contencioso-administrativo interposto pola Federación de empregados/as públicos da UXT de Pontevedra contra a aprobación definitiva do orzamento 2017 e o persoal do Concello de Baiona.

Nas conta do 2017 levaba a reclasificación de 2 prazas, unha a do traslado do posto de ordenanza-notificador adscrito a Secretaría Xeral á área de emprego que xa fora ratificado polo TSJG e a do traslado do posto de vixiante-cobradora adscrito á área de Mercados ao Museo da Colección visitable Casa da Navegación.

Como dita a sentenza, as modificacións aprobadas polo Concello de Baiona obedecen a motivacións de carácter organizativo debido a que boa parte das funcións realizadas ata agora quedaron mermadas cos anos, polo que se decidiu adscribilos a outros postos de traballo. Por iso é polo que o Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo desestime integramente o recurso contra a aprobación definitiva do orzamento 2017 e do persoal do Concello de Baiona.