Desde a Delegación Saharauí en Galicia e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, informan que tristemente e despois de 25 anos, as autoridades saharauís decidiron anular o programa de “Vacacións en Paz 2020” por precaucións sanitarias. Desde SOGAPS, non quedarán coas mans cruzadas e dentro das alternativas estudarán organizar unha Caravana Solidaria con axuda humanitaria para mandar aos nenos e nenas, e así poder aliviar as difíciles condicións nos Campamentos.
Suspendido o programa “Vacacións en Paz”

