Baiona presenta un cartel de luxo para o VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos

O Concello de Baiona dá a coñecer o cartel de relatores que abrirán o VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España na próxima edición da Festa da Arribada.

Dentro dos actos conmemorativos do 526 aniversario da chegada da Carabela Pinta, atópase o tradicional Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España, que cumpre a súa VII Edición e faio con relatores de recoñecido prestixio dentro das artes e as letras do noso país e con temas de interese vinculados ao descubrimento de América e ao feito histórico da Arribada.

Abrirá o ciclo o xoves 28 de febreiro, o escritor e xornalista Javier Sierra, Premio Planeta 2017, co relatorio Sabía Colón onde ía? Seguiralle un mes máis tarde, exactamente o 11 de abril, a avogada, novelista histórica e académica das artes, as letras e as ciencias Almudena Arteaga y del Alcázar, co relatorio “María Pita”, a expedición filantrópica da vacina que salvou ao mundo das vexigas (1803-1814) E culminará o 16 de maio co novelista, ensaísta e xornalista Fernando Sánchez Dragó co relatorio E alá, á súa fronte Istambul!.

Todas as charlas terán lugar no salón medieval do Parador Conde de Gondomar de Baiona, ás 19:30 horas.