Inscricións abertas para participar na 8ª Feira “Portobelo” en Gondomar

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), está a organizar a 8ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, que se celebrará o domingo 10 de marzo, na Praza de San Bieito de Gondomar.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial, polo que poderán concorrer á mesma os negocios que así o desexen con independencia do sector ao que pertenzan, e iso co fin de promocionarse, reforzar o contacto con clientes habituais, xerar outros novos, liquidar stocks…

A feira contará con música ambiental, inchable para os nenos e diferentes actuacións ao longo de toda a xornada. Ademais, dita actividade de dinamización comercial, promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais.

Os establecementos interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30, ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com, antes do 1 de marzo.