Anuncios
Ticker de novas

Cetreiros e criadores de aves rapaces están convocados a unha reunión en Gondomar

Cetreiros e criadores de aves rapaces están chamados a participar este sábado día 26 de xaneiro nunha reunión que se celebrará ás 11:00 da mañá no Centro Neural de Gondomar. Varios socios de Aviornis, criadores ou posuidores de Aves Rapaces, contactaron con esta Asociación dedicada ao fomento da cría ordenada de especies silvestres en catividade, con fins de conservación, fundada en 1991, para estudar as implicacións relacionadas coa obrigatoriedade do control de cría de todos os anexos (A, B, C) non exentos segundo establece o Real Decreto 7/2018 e as consecuencias que establece a Lei 4/2017 no seu Artigo 28.

Artigo 28. Aves de presa en catividade.

  1. A tenencia de aves de presa en catividade requirirá, sen prexuízo das normas nacionais e internacionais que sexan de aplicación, obter previamente a autorización administrativa outorgada pola consellería competente en materia de protección animal, cos requisitos e segundo o procedemento que regulamentariamente se establezan.
  2. Todos aqueles exemplares de aves de presa que dispoñan da autorización mencionada no apartado anterior deberán estar identificados individualmente con microchip ou argola, sen prexuízo de calquera outro sistema de marcaxe que poida establecerse regulamentariamente, e inscribirse na sección correspondente do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.
  3. A cría en catividade de aves de presa só se poderá levar a cabo en establecementos de cría de animais autorizados, con arranxo ao establecido no artigo 10 da presente lei.

A reunión convócase unicamente para tratar as implicacións relacionadas con esta posible duplicidade de controis e moi especialmente o relacionado coa obrigación de estar inscritas no REGIAC, polo custo que supón. Tentaranse buscar as posibles formas de que ese rexistro póidase facer por outras vías, como puidese ser estudar a posibilidade de que os organismos CITIES envíen esa información ao mencionado rexistro; a posibilidade de usar a ferramenta informática de Aviornis (Módulo de Xestión de Aviarios); ou a elaboración de informe para que no Regulamento que acompañará a esa Lei teña en conta as súas peticións.

Anuncios
error: Contido protexido