Homenaxe ao Club de Tenis Gondomar nas Gaiandas

O Gondomar CF homenaxeará nos prolegómenos do encontro ante o líder do domingo ás 16:00 horas ao Club Tenis Gondomar e aos seus deportistas, que veñen de acadar o premio ao mellor club básico de promoción do tenis galego na Gala da Federación Galega de Tenis, nomeado xunto ao Club de Tenis de Tui e Club de Tenis A Rúa. En categoría feminina, o Club de Tenis Gondomar proclamouse subcampión galego alevín en cuarta división e subcampión infantil en segunda división; en categoría masculina foi subcampión galego júnior e subcampión galego cadete, ambos os dous en segunda división. Tamén será recoñecida toda unha traxectoria. Haberá entrega de trofeos e saque de honra. A homenaxe comezará ás 15:45 horas.

Anuncios