Así será o novo parque lúdico e canino de Gondomar

Gondomar proxecta para o 2019 unha nova área lúdico-deportiva de máis de 3.500 m2 para destinalos a parque canino, parque biosaludable e zona de ocio e esparexemento. Estará situado onde estaba previsto o polémico tanque de tormentas, a beiras do Río Miñor e a zona Das Garzas, subvencionado a través do Plan Concellos 2019, cun investimento previsto de 85.000 €.

Esta área en pleno casco urbano, vén a sumarse ás numerosas iniciativas promovidas polo actual goberno que dirixe o Alcalde Paco Ferreira, consistentes en transformar as contornas urbanas dos Ríos Miñor e Zamáns ao seu paso por Gondomar, e conseguir un pobo de referencia lúdico-deportivo para todo o Val Miñor. Esta área lúdica conectará o casco urbano co sendeiro fluvial que discorrerá pola beira dereita do Río Miñor ata Mañufe nun futuro próximo, e deste xeito, con este proxecto darase un primeiro paso cara a unha real senda fluvial entre Gondomar e A Ramallosa.

Esta zona de máis de 3.500 m2 proxecta un parque canino de 2.000 m2, unha zona de lecer arborada e con mobiliario urbano e outro parque biosaudable, que fará dela un espazo inmellorable para o desfrute de todos, obra do arquitecto Pedro Souto. O parque canino irá acondicionado cun perímetro pechado, xogos para os cans, bebedeiros e espazos para a hixiene, etc., que o converterá non só no primeiro parque para cans na zona, senón o mellor dotado e de maiores dimensións e características.

Segundo indicou o alcalde Paco Ferreira, “Gondomar será o concello da provincia con máis parques lúdicos e zonas verdes con diferenza, e ten que medrar ao carón dos seus ríos, recuperando o seu patrimonio material e inmaterial que esconde para converter este pobo nun dos mellores do mundo”.

Anuncios