Papá Noel visita Gondomar, Camos, Baredo, Nigrán, Vincios e Chandebrito

FOTO: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "GALIÑEIRO" DE VINCIOS // Papá Noel en Vincios.

Papá Noel visitará nos próximos días diferentes puntos da comarca do Val Miñor. O sábado 22 de decembro estará por Gondomar desde as 11:00 ata as 14:00 horas visitando os negocios locais, aproveitando para facer as compras dos agasallos do Nadal. Os nenos e nenas que se atopen con el poderán entregarlle a súa carta e recibir caramelos.

O mesmo sábado pola tarde, a partir das 17:00 horas, Papá Noel estará no Centro Cultural A Camoesa de Camos cunha chocolatada especial con entrada gratuíta para socios e amigos, e desde as 18:00 ata as 19:00 horas, no Centro Cultural A Cela de Baredo.

O luns 24 Papá Noel visitará a Praza Rosalía de Castro de Nigrán, onde estará de 11:00 a 14:00 horas con diferentes obradoiros de manualidades para os máis pequenos, que poderán deixarlle as cartas coas súas peticións. Ás 12:00 do mediodía tamén asistirá a Misa en Vincios e despois recibirá aos nenos e nenas no Torreiro de Santa Lucía. Ás 16:00 horas visitará a parroquia de Chandebrito, partindo desde a Escola Unitaria, e de 16:30 a 19:30 horas ofrecerá unha recepción na Praza da Alameda de Gondomar, con obradoiros de Nadal.

Anuncios