Suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos do Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // CEIP Humberto Juanes.

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, Rías Baixas (Pontevedra), interior de Pontevedra e Mariña de Lugo, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100/120 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 15:00 horas. Entre os concellos afectados están Baiona, Gondomar e Nigrán.

Cómpre sinalar que a suspensión se realiza neste momento porque os avisos de alerta se produciron onte ás 23:39 horas e esta madrugadas ás 5:02 horas. En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.