Patos acolle esta fin de semana o campionato Gony Z Series

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Gony Zubizarreta na escola La Conservera del Surf.

A Praia de Patos en Nigrán acolle esta fin de semana a cuarta edición do Gony Z Series con categorías Open e Júnior para masculino e feminino, organizado por La Conservera del Surf, Gony Zubizarreta, Vigo Mafia Surf Club e a Federación Galega de Surf. Surfeiros de toda Europa, e por suposto nacionais e locais danse cita un ano máis no evento do mellor surfeiro galego de todos os tempos.

O parte de ondas é realmente bo para o areal central da Praia de Patos, e o sol será un bo aliado para a cita. Antes, o venres, a partir das 19:30 no edificio das federacións en Vigo, farase unha homenaxe a Gony pola súa traxectoria profesional e o seu recente título mundial ISA como a Liga Meo. Unha iniciativa da Federación Galega de Surf e o Vigo Mafia Surf Club con motivo dos recentes logros internacionais do xenio nigranés de adopción.

O sábado e domingo darase paso á competición. O sábado ás 8:00 están citados os competidores na escola La Conservera del Surf para confirmación de inscricións e dar paso ao que será a competición oficial, que dependerá das condicións do mar e os horarios deseñados pola organización. Máis información e inscricións en info@laconserveradelsurf.com.