Anuncios
Ticker de novas

Os baioneses Ludwig Van Brothers estréanse no Frades Sunset Festival

Os DJs e produtores baioneses Vince Stone e Roberto Vilar.

O dúo de DJs e produtores baioneses Ludwig Van Brothers, composto polos dous residentes do Vila Rosa, Vince Stone e Roberto Vilar, actuarán por primeira vez xuntos no Frades Sunset Festival, o festival gratuíto que organiza o Concello de Baiona e que nesta edición amplíase a dous días (18 e 19 de xullo).

O dúo, que ofrecerá unha innovadora sesión de Electro House con toques de Clásica, comezou ao xuntarse no coñecido local de Baiona e desde aí foron percorrendo diferentes salas de Galicia. Tamén fixeron o Remix Oficial de “Esa Gata” de Traffic House, con estilo Moombathon para as pistas de baile.

O Frades Sunset Festival, organizado polas Concellerías de Cultura e Turismo, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), comezará ás 21:00 horas do 18 de xullo coa actuación do baionés DJ Yaggo. Ese mesmo día estarán Groove Amigos e Ludwig Van Brothers, para terminar con Fonsi Nieto.

Ao día seguinte, a hora de apertura será ás 17:00 horas e o peche ás 5:00 da madrugada. A apertura será para Traffic House, DJ Ángel Vakeiro e Gabry Domínguez, mentres que Abel Ramos e Olga Ryazanova serán os encargados de baixar o pano da cuarta edición do Frades Sunset Festival.

Ademais, Pablo Méndez animará a festa coas súas performance e haberá zona chill-out, servizo de barra e food truck’s.

Anuncios