O Concello de Nigrán desenvolve este mes de novembro as xa tradicionais xornadas dedicadas á micoloxía. Así, o domingo 25 haberá no Auditorio Municipal un obradoiro de cultivo de cogomelos gratuíto para o que é preciso apuntarse ata o venres 23 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas ou no 986 365 000.
As prazas para participar neste Obradoiro son 30 e cubriranse por rigorosa orde de inscrición tendo sempre prioridade as persoas empadroadas no municipio. O día anterior, sábado 24, haberá un roteiro ambiental sen límite de asistentes que incluirá a busca e identificación de cogomelos polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (Camos e Chandebrito).
O obradoiro de cultivo será impartido por Manuel Domínguez, educador e intérprete ambiental con gran experiencia neste eido. Os asistentes recibirán semente para o cultivo, substrato, recipientes e demais material complementario para poder levar a cabo o obradoiro.

