Presentación de “1968” de Vítor Vaqueiro en Gondomar

FOTO: PORTAL GALEGO DA LINGUA // Vítor Vaqueiro.

A libraría Libraida de Gondomar acolle este xoves 15 de novembro ás 20:00 horas a presentación de “1968” (Edicións Laiovento) de Vítor Vaqueiro. Contarán coa presenza do autor e o acto estará presentado por Carlos Méixome.

“1968” consolida o rumbo da súa nova andaina, cima da súa escrita poética é un dos máis atractivos e relevantes libros de poesía editados no que levamos de século.

Vítor Vaqueiro empeza a publicar en 1979. A súa obra comprende poesía, narrativa e ensaio. En 1984 recibe o Premio da Crítica Española na súa modalidade de poesía por A fraga prateada. Paralelamente ao seu labor literario ten desenvolvido un intenso traballo no campo da fotografía.