Anuncios
Ticker de novas

Excarcerado o condutor dun coche sen carné tras saírse da vía e caer por un desnivel en Gondomar

Un home tivo que ser excarcerado a pasada tarde polos Bombeiros do Porriño despois de que o coche sen carné no que circulaba caese por un desnivel no termo municipal de Gondomar. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Porriño, tras liberar ao condutor e único ocupante do vehículo accidentado, axudaron ao varón a saír do terraplén e o levaron ata a ambulancia.

O accidente ocorreu no lugar de Vilas, na parroquia de Mordagáns, ao fío das 19:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente. Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Val Miñor, dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Anuncios