Anuncios
Ticker de novas

Alerta amarela nas Rías Baixas por choivas e vento

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso por choivas, precipitacións acumuladas nunha hora de 15mm., que afectará ás provincias da Coruña (Oeste e Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas), comenzando ás 00:00 horas do día 11, xoves, e tendo previsto finalizar nas primeras horas da mañá do mesmo día.

Na xornada do mércores Galicia irá perdendo a influencia do anticiclón debido ao achegamento dunha borrasca polo oeste que enviará unha fronte fría ao final do día. Con esta situación, amencemos cos ceos despexados e co avance da tarde entrarán as nubes polo litoral oeste. As chuvias comezarán cara as últimas horas pola franxa atlántica, sendo especialmente intensas na provincia de Pontevedra e sur da provincia da Coruña xa na madrugada do xoves. As temperaturas mínimas quedaron sen cambios e as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá aumentando a forte á noite en todo o litoral atlántico.

Despois do paso da fronte durante a madrugada, a primeiras horas do xoves teremos chuvascos que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparato eléctrico; irán remitindo co avance da mañá, ao mesmo tempo que se irán abrindo grandes claros que predominarán nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará frouxo de compoñente sur, aumentando a intensidade co avance do día ata acadar refachos fortes á noite no litoral da provincia da Coruña.

Xa o venres, unha borrasca moi profunda collerá a Galicia no límite do seu radio de acción durante esta xornada. Isto deixará o ceo moi anubrado en Pontevedra e oeste da Coruña con algunhas chuvias febles no litoral; no resto da Comunidade os ceos estarán máis abertos. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do sudoeste, aumentando a forte pola tarde e noite en todo o litoral.

Anuncios