Anuncios
Ticker de novas

A Deputación mellora o firme dalgunhas estradas provinciais en Baiona

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a realizar nestes días os traballos de mellora de firmes dalgunhas estradas provinciais no Concello de Baiona. Nas últimas xornadas realizáronse fresados dos aglomerados en mal estado nas EP-2201 Baiona-Baíña-Fontes e na EP-2202 Baiona-Loureza, nos treitos onde non se actuará co proxecto recen adxudicado do Camiño da Costa. Logo renovarase a capa de rodadura con diferentes misturas antiescorregadizas para mellorar a seguranza viaria dos treitos reformados. Nesta semana tamén se realizaron xa algúns saneos menores.

Anuncios