Anuncios
Ticker de novas

Nigrán clausura o curso de “Auxiliar de Comercio” con seis dos seus alumnos xa traballando

Rubén Cagiao Avendaño, vicepresidente da Fundación Érguete-Integración, Montserrat Magallanes, deputada provincial de Emprego, David Regades, Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, e Juan González, alcalde de Nigrán, asistiron este mércores á clausura do curso de “Auxiliar de Comercio” en Porto do Molle organizado entre Concello de Nigrán e a Fundación Érguete, xunto á Deputación de Pontevedra e Zona Franca.

Trátase do primeiro programa de emprego inclusivo da Fundación Érguete no municipio e formou a 20 persoas de Nigrán (18 mulleres e 2 homes) na atención en supermercados e grandes superficies, das que 6 xa están a traballar. Dirixido a desempregados (con prioridade para os empadroados en Nigrán) as persoas que se inscribiron recibiron gratuitamente unha formación de 210 horas que incluíron 80 horas de prácticas en empresas da zona (a formación teórica tivo lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle).

O Concello de Nigrán valorou a posibilidade de realizar este curso tras a compra dun grupo investidor de 8.500 metros cadrados nas parcelas comerciais para instalar as firmas Burger King, Leroy Merlin-AKI, Worten, Norauto, Decathlon e Lidl, que se prevé que xeren inicialmente 185 empregos.

Así, o obxectivo primordial deste curso era o de mellorar a empregabilidade de persoas en risco de exclusión social facilitando a súa incorporación ao mercado laboral. Durante a formación conseguiron competencias básicas de comercio como prestar atención ao cliente, realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda, operativa de Caixa e terminais TPV, técnicas de merchandising…

2018-09-27 - 42572508_2206176929457209_901559827803668480_o

Anuncios