Anuncios
Ticker de novas

Feridos nun accidente de tráfico dous técnicos e un xogador do Gondomar CF

FOTO: GONDOMAR CF // Os tres feridos na súa saída de Urxencias.

Tres persoas resultaron feridas este martes nun accidente de tráfico rexistrado en Gondomar. O suceso tivo lugar pasadas as 23:00 horas cando unha furgoneta impactou contra un turismo que circulaba polo interior da rotonda da Avda. Elduayen con Curros Enríquez e Campo da Feira. No coche viaxaban dous técnicos e dous xogadores do Gondomar Club de Fútbol, despois de finalizar o adestramento no campo municipal de As Cercas. Os dous técnicos, Fran Rodríguez e Raúl Lago, segundo adestrador e adestrador de porteiros, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro con golpes e algún corte, mentres que un dos xogadores, Diego Fernandes, que ademais conducía, foi atendido en Povisa con moitas molestias de costas. O outro xogador e o condutor da furgoneta resultaron ilesos. Os tres feridos xa foron dados de alta.

Anuncios