Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira critica a falta de transparencia do Concello de Baiona

O presidente e vicepresidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, Martín Otero e Emilio Domínguez, acudiron fai uns días á Xunta de Galicia para manter unha xuntanza co Responsable Territorial de Educación, co fin de saber a situación actual do baixo do edificio dos Mestres situado na rúa Benito Fariña, onde se atopa o seu local social, xa que é a única parroquia sen Centro Cultural.

“Lamentamos que o Concello non nos informara e nós teñamos que enterarnos pola prensa de que van destinar a outro fin o baixo. Con esta nova, quedamos os veciños de Sabarís sen lugar de encontro e sen oficina para atender a calquera dos 3.200 veciños e sen organizar parte das actividades levadas a cabo pola asociación, non sabemos que será de nós”, remata o presidente.

Tamén lle recorda ao goberno local que a veciñanza ten que estar informada, “o Concello está incumprindo a Lei de Transparencia posto que fai meses que se presentaron instancias por rexistro de proxectos para a parroquia, solicitando proxectos de obras, expedientes, demandas veciñais, etc. e seguimos á espera de que nos informen ou cedan a documentación”.

Anuncios