Curso de manipulador de alimentos organizado por Calidaria en Baiona

Calidaria organiza o venres 14 de setembro un novo curso de manipulador de alimentos en Baiona. Desenvolverase no Liceo Marítimo de Baiona, na rúa Laureano Salgado (detrás do Villa Rosa), de 17:00 a 20:00 horas.

Nos cursos, de 3 horas, obterase a titulación segundo normativa vixente obrigatoria para traballar en hostalaría: cafetarías, bares, restaurantes, etc., e en calquera empresa alimentaria.

Para máis información e inscricións esta dispoñible o teléfono 674 342 397 ou o correo electrónico curso@calidaria.com.

Anuncios