O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e varios membros do goberno local, estiveron presentes esta fin de semana no pobo irmán de Santa Fe de Granada con motivo do 532 Aniversario da Firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e o Almirante Cristobal Colón en Santa Fe de la Vega de Granada, municipio co que se atopa irmandado polos seus lazos históricos desde 1994.
O Concello de Santa Fe organizou unha programación chea de actividades culturais, turísticas e de lecer, co broche de ouro, na fin de semana do 19 ao 21 de abril coa apertura do Mercado Medieval, Festival de Música dos Mundos, teatralización da firma das capitulacións, apertura das portas monumentais, bailes medievais, actos institucionais e I Festival de novela histórica.







