Sin categoría

O baionés Samuel Ferreira, campión de España de bolos celta

Este pasado fin de semana celebrouse nos campos de bolos do centro cultural de Camos (Nigrán), o Campionato de España de bolo celta por parellas de 1ª categoría e tamén os Campionatos de España individual e por parellas de 2ª categoría. Participaron un total de 56 xogadores das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid.

Os resultados finais foron os seguintes:

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR PARELLAS DE 1ª CATEGORÍA
Campións: GASPAR SUÁREZ e JAIME GONZÁLEZ do club IV Los Valles de Tineo (Asturias).
Subcampións: DIEGO PÉREZ e ABRAHAM RODRÍGUEZ do club de Bolos O Sobreiro de Gondomar (Galicia).
3º clasificados: BRAIS GARCÍA e ADRIÁN RODRÍGUEZ do club de bolos Belesar Urgal de Baiona (Galicia).
4º clasificados: FERNÁNDO GONZÁLEZ e ABEL FERNÁNDEZ do club de bolos Ceán de Nigrán (Galicia).

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR PARELLAS DE 2ª CATEGORÍA
Campións: JAVIER RODRÍGUEZ e LUIS RANCAÑO do club de bolos Xove de Xove (Galicia).
Subcampións: GABRIEL VALVERDE e SAMUEL FERREIRA do club de Bolos Rega de Baiona (Galicia).
3º clasificados: FELIPE FERREIRO e MIGUEL LINARES do club de bolos San Roque de Tineo (Asturias).
4º clasificados: JAIRO CASTAÑO e VITI LASTRA do club de bolos Los Dorados de Tineo (Asturias).

CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL DE 2ª CATEGORÍA
Campión: SAMUEL FERREIRA do club de bolos Rega de Baiona (Galicia).
Subcampión: FELIPE FERREIRO do club de bolos San Roque de Tineo (Asturias).
3º clasificado: JAVIER RODRÍGUEZ do club de bolos Xove de Xove (Galicia).
4º clasificado: MOISÉS RODRÍGUEZ do club de Bolos Xove de Xove (Galicia).

O próximo fin de semana celebrarase o Campionato de España xuvenil nos mesmos campos de xogo.