Con motivo da conmemoración do Día do Apóstolo Santiago, Cidadáns Val Miñor organizou o pasado sábado 28 de xullo unha andaina que percorreu a distancia comprendida entre Baiona e Nigrán seguindo o tramo do Camiño Portugués da Costa. Durante a mesma, membros de Cs puideron comprobar o «lamentable estado de mantemento e conservación da ruta do camiño portugués ao seu paso por Baiona», afirmou a coordinadora de Cs no Val Miñor, Fabiola Cavalier.
«Puidemos constatar in situ a falta de compromiso do goberno de Ángel Rodal coa cultura e co Camiño de Santiago que tanto di preocuparlle», lamenta a coordinadora de Cs ao referirse ao abandono que sofre a vía «especialmente notable á súa chegada á Ponte Románica da Ramallosa».
O mal estado do viario faio inaccesible para viandantes, carriños, bicicletas ou persoas con mobilidade reducida. «Desde Cs Val Miñor cremos que así non ten sentido que a Concellería de Turismo realice tarefas de promoción do Camiño Portugués da Costa como levou a cabo o pasado martes 21 de agosto», explicou a coordinadora de Cidadáns.
«O Camiño de Santiago que tanto di preocuparlle, deixa moito que desexar ao seu paso por Baiona e sinalamos que á falta de acondicionamento nalgunhas zonas únese ademais unha deficiente sinalización que vén de antigo, por isto reclamamos ao concello que acondicione, limpe e sinalice convenientemente as sendas polas que transcorre», denunciou Cavalier.
«Cremos que a mala imaxe que levan os peregrinos e os problemas que estes poden sufrir polo seu acondicionamento ou pola mala sinalización, non axuda en nada ao propósito de fomentar, incentivar e dar a coñecer o Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Baiona».

