“Cine na Praza” en Sabarís coa proxección da película “Trolls”

Este martes 31 de xullo continúa o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Ás 23:00 horas proxectarase a película “Trolls” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís. Coñecidos polos seus pelos de cores, tolos e máxicos, os Trolls son as criaturas máis felices e alegres que irrompen no mundo da canción. Pero o seu mundo de arco iris e cupcakes cambiará para sempre cando a súa líder Poppy (Anna Kendrick) debe embarcarse nunha misión de rescate que a levará moi lonxe do único mundo que sempre coñeceu.

Anuncios