Festival da escola de baile “Dando la nota” no Auditorio de Baiona

Este sábado 14 de decembro continúa a programación cultural Bai Nadal 2019-2020, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona, cun festival da escola de baile “Dando la nota” de Baredo. Será ás 18:30 horas no Auditorio V Centenario.

Trasladado o concerto de “Lebarluthier Piano-Bar”

Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o Concello de Baiona e ACEBA decidiron modificar o día do concerto de “Lebarluthier Piano-Bar”, previsto inicialmente para este sábado na Alameda Carabela Pinta entre as 12:30 e as 14:00 horas. A nova data escollida será o sábado día 4 de xaneiro, á mesma hora e no mesmo lugar.

Anuncios