Anuncios
Ticker de novas

Parada celebra as festas de Santiago e Santa Ana

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Santiago en Parada.

A parroquia nigranesa de Parada celebra os días 25, 26, 27 e 28 de xullo as súas festas patronais na honra de Santiago e Santa Ana.

O mércores 25 ás 10:00 da mañá fará a súa entrada a Agrupación Musical de Belesar. Ás 12:00 celebrarase a Misa Solemne na honra de Santiago, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá ademais un concerto ás 19:00 horas. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Assia e a orquestra Miramar.

O xoves 26 ás 10:00 da mañá fará a súa entrada a Agrupación Musical Atlántida de Matamá. Ás 18:00 horas realizarase a tradicional fogaza e ás 19:00 horas a citada Banda de Música ofrecerá un concerto. Ás 21:00 horas comezará a Misa Solemne en honra a San Xoaquín e Santa Ana. Pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Galilea e Claxxon.

O venres 27 os encargados de amenizar a verbena serán o grupo Aramio e a orquestra Armonía Show. O sábado 28 pola tarde terán lugar as tradicionais cucañas.

Anuncios