Anuncios
Ticker de novas

Joan Manuel Serrat goza da gastronomía baionesa

Joan Manuel Serrat no Restaurante Rocamar.

O cantautor catalán Joan Manuel Serrat atópase estes días en Galicia coa súa xira “Mediterráneo Da Capo”. O venres actuou no Palacio da Ópera da Coruña e este sábado tiña previsto un concerto no Auditorio de Castrelos, incluído no programa Vigo en Festas 2018, que finalmente tivo que anular debido a unha larinxite aguda e disfonía.

Este domingo, aproveitando a súa estancia nas Rías Baixas, achegouse ata Baiona para comer no Restaurante Rocamar, onde puido degustar os manxares da Ría de Vigo. O popular establecemento situado en Baredo está habituado a recibir a numerosas personalidades. Hai 10 días, Rafa Sánchez e Luis Bolín, membros de La Unión, tamén gozaron da mellor gastronomía galega e das súas privilexiadas vistas antes de ofrecer un concerto en Nigrán.

O Restaurante Rocamar é un dos espazos culinarios predilectos do Val Miñor, tanto para usuarios locais como para os turistas procedentes de Portugal, Francia, Inglaterra ou mesmo de EEUU, por iso é polo que entre os seus clientes atópense figuras como o Rei emérito Don Juan Carlos, que visitou o restaurante o pasado mes de marzo, Julio Iglesias, Lucía Bosé, Emilio Aragón ou xogadores do R.C. Celta de Vigo, como Roncaglia e Pape Cheikh.

Durante as súas máis de catro décadas de existencia tivo a satisfacción de ter entre os seus comensais ao entón Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón, os ex presidentes da Xunta, Gerardo Fernández Albor, Manuel Fraga Iribarne, e o actual presidente Alberto Núñez Feijóo, os ex presidentes Mariano Rajoy e José Luis Rodríguez Zapatero, os multimillonarios Carlos Slim e Olegario Vázquez Raña e os diferentes actores, escritores e artistas de renome como Anthony Quinn, Gonzalo Torrente Ballester e Pedro J. Ramírez, entre outros.

2018-07-23 - 37081353_2165308900150527_4382454989545537536_o

Anuncios