Os baioneses Anxo Uzal e Omar Rodríguez, convocados para concentrarse no CAR de Sierra Nevada

Omar Rodríguez e Anxo Uzal no Campionato de España.

Cinco deportistas Galegos foron convocados coa selección nacional júnior e U23, para concentrarse no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, do 30 de setembro o 4 de outubro.

Esta primeira concentración para o grupo de deportistas da modalidade de Libre Olímpica, terá un marcado carácter restrictivo, pola crise sanitaria da COVID19.

Agora, todos os deportistas que participan neste tipo de actividades teñen que presentar un test NEGATIVO en COVID19 antes de participar. A seguridade é fundamental. Dende a Federación Galega, a Federación Española e a propia dirección do CAR de Sierra Nevada, levan un exaustivo control antes, durante e despois da actividade.

Os integrantes da selección que viaxarán a Sierra Nevada son os júniors Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo), Anxo Uzal e Omar Rodríguez (ambos do Club Sabarís de Baiona). Pablo Pintos Figueroa, viaxará como seleccionador nacional U23, da modalidade de Libre Olímpica, para dirixir parte da concentración nacional. O principal obxectivo “é normalizar a volta o tapiz, dun xeito seguro, e poñendo todas as medidas posibles de seguridade e control”.

Tras o éxito da concentración nacional feminina da pasada semana na mesma instalación, agora é a quebda dos deportistas de Libre Olímpica. Agardemos que sexa un punto de inflexión na aposta polo “DEPORTE SEGURO”.