Máis de 30 adestradores de fútbol sala asistiron ao Clinic organizado en Baiona

Este sábado tivo lugar en Baiona o Clinic de adestradores de fútbol sala que organizou o Comité Galego de Adestradores coa colaboración do Concello de Baiona e o club Baíña Fútbol Sala. Unha xornada con relatorios de adestradores contratados como o portugués Bruno Travazzos, o técnico de primeira división José Lucas “Pato”, o adestrador de porteiros da selección española Mon Barreiro e o preparador físico David Pozos do FC Barcelona. Máis de 30 asistentes a unhas conferencias que a bo seguro lles axudarán a mellorar na formación. O Clinic contou coa colaboración de Agua Sana, Recuncho Mariñeiro e Hotel Pinzón.

Anuncios