Anuncios
Ticker de novas

O IEM organiza unha conferencia de Cristina Pato no Auditorio de Nigrán

O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato “Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI”. Será presentada por Camiño Noia Campos que acompañará á artista. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria. Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

Anuncios