O Gondomar CF convoca aos seus socios para elixir novo presidente

O Gondomar CF convoca o domingo 17 de xuño Asemblea Ordinaria de Socios, ás 11:00 en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda, cos seguintes puntos na orde do día.

1º Lectura e aprobación do Acta anterior.
2º Balance e estado de contas da tempada.
3º Informe do Presidente e fin de Lexislatura.
4º Rogos e Preguntas.

Unha vez finalizada a Asemblea Ordinaria, convócase Asemblea Extraordinaria, en primeira convocatoria ás 12:00 horas, e cos seguintes puntos:

1º Presentación de Candidatos.
2º Elección de novo Presidente.
3º En caso de non existir candidatos, continuará a actual Xunta Directiva, para realizar as xestións de Disolución do Gondomar CF, como entidade deportiva sen ánimo de lucro.

Anuncios