Carlos López Padrón, do CPI Cova Terreña, gaña o II Concurso Literario sobre protección de datos

O alumno Carlos López Padrón, de 4ºESO do CPI Cova Terreña de Baiona, é o gañador de toda Galicia do II Concurso Literario sobre protección de datos organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na categoría 3º-4º ESO. O traballo foi presentado a través da súa profesora Isabel Martínez Cabaleiro, mestra de Informática e directora do centro. Nesta segunda participación volveron a gañar o primeiro premio e, nesta ocasión, tamén o premio ao centro con maior participación. As entidades organizadoras realizarán unha entrega de premios que terá lugar no centro baionés, a cal non ten unha data fixada aínda, estando pendentes de fixala nos próximos días.