O Club de Tenis Baiona, conxuntamente coa Concellería de Deportes, organizou o pasado sábado nas instalacións do Pavillón Municipal unha nova edición do Torneo Escolar de Tenis do Val Miñor, que este ano 2018 alcanzou a súa XII edición. Para o seu desenvolvemento habilitáronse 4 zonas, unha por categoría, contando con 4 pistas de tenis.
86 escolares dos distintos centros de ensino de Nigrán, Gondomar, A Guarda, Tui, Vigo e por suposto Baiona participaron no evento, repartidos entre todas as categorías: peques, pre benxamín, benxamín e alevín. A presenza de xogadores, pais e demais acompañantes fixo do torneo unha gran festa deportiva para os pequenos tenistas, finalizando co sorteo de raquetas e a entrega de trofeos aos vencedores.
O torneo, que se desenvolveu desde as 9:00 da mañá, horario previsto para confirmar participantes, entrega de dorsais e localización das zonas de xogo, prolongouse ata as 13:30 horas. Nesta edición mellorou notablemente no nivel de xogo dos participantes, froito do traballo anual que desenvolven nos seus distintos clubs e escolas municipais.
O sistema de competición utilizado no torneo garantía polo menos que todos os participantes xogasen dous partidos, xa que se estableceu un cadro eliminatorio e outro de consolación no que pasaban a xogar os participantes que perdían o primeiro partido.
Ademais, todos os participantes contribuíron achegando alimentos non perecedoiros destinados á ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”, contando coa presenza de “Juani”, a súa responsable, na entrega de premios e na recollida do material conseguido para tal fin.
O cadro de vencedores nas distintas categorías foi o seguinte:
CATEGORÍA PEQUES Cadro Eliminatorio:
1º TIAGO CEDEIRA
2º XIAN PIÑEIRO
CATEGORÍA PEQUES Cadro Consolación:
1º ADRIANA SÁNCHEZ
2º MANUEL FAJAR.
CATEGORÍA PRE BENXAMÍN Cadro Eliminatorio:
1º PABLO FAJAR
2º BRAIS MONTES
CATEGORÍA PRE BENXAMÍN Cadro Consolación:
1º LUCIA SILVA
2º CELIA MARTÍNEZ
CATEGORÍA BENXAMÍN Cadro Eliminatorio:
1º LUCAS MARTÍNEZ
2º ROI ÁLVAREZ
CATEGORÍA BENXAMÍN Cadro Consolación:
1º JIMENA AIRA
2º XIAN CID
CATEGORÍA ALEVÍN Cadro Eliminatorio:
1º ADÁN FERNÁNDEZ
2º ANXO LORENZO
CATEGORÍA ALEVÍN Cadro Consolación:
1º MIGUEL NÚÑEZ
2º IRIA ROCHA

