Anuncios
Ticker de novas

A Asociación Chandebrito 1807 executa un proxecto de estudo do petróglifo da Chan das Tomadas

FOTO: CHANDEBRITO 1807 // Recreación sobre fotografía da pedra na que se atopan os petróglifos

Nos últimos días leváronse a cabo tarefas de limpeza, delimitación e rexistro gráfico do petróglifo da Chan das Tomadas, redescuberto hai varios meses pola Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito, e do que xa existían referencias polo investigador vigués Xulio Fernández Pintos e dos membros do Club Espeleolóxico Maúxo.

O proxecto promovido por esta Agrupación, redactouse por Data Gestión Cultural, e na súa execución colabora o citado Club e varias persoas voluntarias, coa dirección do arqueólogo Eduardo Méndez.

Tanto este como outros petróglifos e demais bens culturais de Chandebrito que se atopan sen inventariar, serán obxecto de estudo e de protección legal grazas á insistencia desta Asociación, que leva dez anos solicitando por escrito á Xunta de Galicia e ao Concello de Nigrán a súa catalogación e a adopción de medidas axeitadas para conservalos e poñelos en valor.

Outras actuacións que se pretenden levar a cabo proximamente en relación a este asunto son a distribución de camisetas serigrafiadas co debuxo destes gravados rupestres, a publicación de folletos informativos, visitas guiadas, e a instalación de paneis informativos na contorna.

Anuncios