Inscricións abertas para participar no XII Torneo Escolar de Tenis de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona e o Club de Tenis Baiona organizan a XII edición do Torneo Escolar de Tenis, que se disputará o próximo día 2 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Baiona e o Pavillón Escolar do CPI Cova Terreña, onde se montarán varias pistas de mini tenis e tenis.

Participarán as categorías pre benxamín mixto (nacidos en 10-11), benxamín mixto (nacidos en 09-08), alevín mixto (nacidos en 07-06) e infantil mixto (nacidos 05-04).

Ademais trátase dun torneo solidario, polo que todos os participantes poderán achegar alimentos non perecedoiros que serán entregados á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona, que se encargará de repartilos entre as familias máis desfavorecidas do municipio.

Para máis información e inscricións os interesados deben chamar aos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881 ou contactar a través do correo electrónico deportes@baiona.org. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición finalizará o 30 de maio.

Anuncios